Curso: Traballo Social en Centros de Atención a Persoas Maiores

📅 Do 15 de setembro ao 24 de novembro de 2025
100 horas
💻 Modalidade: Teleformación

Este curso ten como obxectivo dotar ás e aos profesionais do Traballo Social dos coñecementos necesarios para un correcto desempeño das súas funcións en centros de atención a persoas maiores.

Os contidos principais céntranse en:

  • Métodos, técnicas e ferramentas de intervención social neste ámbito.

  • Desenvolvemento das funcións propias do Traballo Social con persoas maiores.

  • Erradicación de prexuízos edadistas, promovendo unha intervención social máis axustada e respectuosa.

📌Organiza: Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.