Curso: Traballo Social Forense. A práctica da proba pericial social

📅 Do 1 de setembro ao 12 de novembro de 2025
250 horas
💻 Modalidade: Online

Este curso busca dar a coñecer a relación entre a Administración de Xustiza e o Traballo Social, poñendo en valor a labor profesional neste ámbito.

Os obxectivos principais son:

  • Presentar o marco normativo que regula a intervención do/a traballador/a social como perito/a.

  • Dotar ao alumnado dunha metodoloxía de avaliación social e do protocolo de avaliación forense.

  • Ofrecer pautas teórico-prácticas para a elaboración de peritaxes sociais.

  • Adestrar as habilidades necesarias para a exposición e defensa do ditame pericial na vista oral.

📌Organiza: Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia.