Curso de Ética aplicada á intervención social, organizado polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia e subvencionado pola Dirección Xeral de Inclusión da Xunta de Galicia.

O curso, cun total de 60 horas, comeza o 25 de setembro e remata o 25 de novembro de 2024. Combina sesións presenciais na EGAP en Santiago de Compostela e sesións online.

Estará impartido polas docentes María José Salvador e Beatriz Díaz e o docente Francisco Javier Jiménez.